Friday 17 de May de 2024

Taller de poesía para nenos e nenas na Biblioteca Municipal de Fene


Xa está aberto o prazo de inscrición para o taller de poesía para nenos/as de 8 a 12 anos que se celebrará na biblioteca municipal de Fene o venres 18 de marzo a partir das 17 horas. As prazas son limitadas polo que, para participar, cómpre inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 981 34 23 02 (horario de tarde). O obxectivo desta actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Ensino, é celebrar o Día da Poesía de forma conxunta co Día das Árbores e o Día da Auga, xa que os tres se conmemoran ao longo do mes de marzo.
Segundo informan dende a Biblioteca Municipal, os/as nenos/as que participen no obradoiro traballarán con poemas coñecidos e crearán tamén os seus propios versos, rematando o taller coa súa plasmación nun mural que encherán de árbores, flores… e de versos.